lunes, 26 de enero de 2009

MOISÉS BLANCO, VICEPRESIDENTE 2º DÁ DEPUTACIÓN



O Presidente da Diputación de Ourense, José Luís Baltar, nomeará ao portavoz popular no concello de O Barco Vicepresidente 2º do organismo provincial. Segundo publican diversos médios periodisticos, Moisés Blanco, actual portavoz do grupo popular na oposición no concello de O Barco, será en breve nomeado Vicepresidente 2º da Diputación Ourensana, cargo que en principio non ten dedicación exclusiva, reservando este "privilexio" a Vicepresidencia 1ª, que previsiblemente pasará a ocupar Rogélio Martínez, actual Vicepresidente 2º.

Esta "compensación" dos populares de Ourense a unha persoa da comarca Valdeorresa, xurde logo de coñecerse que na candidatura por esta provincia ao parlamento Galego, non se ha incluído, nin na suplencia, a ningúna persoa natural desta comarca, o cal foi motivo de malestar en diversos cadros do PP. Segundo fontes populares, a manobra de Baltar chega tarde, a destempo e é máis simbólica que efectiva, segundo esas mesmas fontes, o cargo ofrecido non ten consecuencias executivas, posto que esa vicepresidencia é meramente formal. A isto último engaden o seu descontento por unha manobra que consideran insuficiente e demasiado evidente.

No hay comentarios: