viernes, 23 de enero de 2009

POLÉMICAS DECLARACIÓNS DE AZNAR



O ex presidente do Goberno, José Mª Aznar, defendeu nunha entrevista concedida á cadea Europe1, a utilidade da prisión ilegal de Guantánamo, utilizada ata o momento polo Goberno de Bush, a cal ten os días contados, despois de que unha das primeiras ordenes executivas do Presidente Obama, haxa decretado a súa "desaparición" en pos dunha nova política defensora dos dereitos humans e respetuosa co dereito internacional.

Aznar, afirma na entrevista o seu convencimiento en que hoxe o mundo é máis seguro tralo 11 S, grazas ao seu entender ás políticas levadas a cabo pola Administración Bush, entre elas cita a ilegal prisión de "Guantánamo", en cuxo limbo xurídico permanecen centenares de prisioneiros, fundamentalmente de nacionalidade Irakí e Afgana.

Así mesmo se desdice da súa anterior afirmación relativa ao "exotismo" da elección polos Estadounidenses do novo presidente Barack Obama, e afirma que a cre acertada.

Noutra orde de cousas o ex presidente segue dando que falar pola súa nova "cruzada" neste caso abanderando o movemento "negacionista" do "cambio climático, a cuxo fronte hase postulado, e que celebrará nos próximos días unha cume en Nova York. Este movemento, que sostén que a participación do home no cambio climático é unha "falacia", propugna unha frontal oposición ás políticas emanadas da "Cume de Kioto" e os movementos xurdidos á calor desta, entre outras a adopción da Axenda21 pola sostenibilidade.

No hay comentarios: