lunes, 26 de enero de 2009

O CONCELLO DE O BARCO TEN APROBADOS PROXECTOS POR MÁIS DE DOUS MILLÓNS DE EUROS DÓ FONDO DE INVESTIMENTO LOCAL



Na súa resolución do 30 de Decembro de 2008, o Ministerio de Administracións Públicas, aproba os proxectos presupuestados polo concello de O Barco pertencentes ao Fondo de Investimento Local, instrumento para o fomento do emprego pola via do investimento público en todos os concellos de España que o solicitaron antes do pasado día 21 de Xaneiro de 2009.

O Concello de O Barco tiña concedidos en función do seu censo, máis de 2 millóns de euros do Fondo de Investimento Local. Esta inxección presupuestaria traducirase en máis de 10 actuacións dirixidas a fomentar o emprego por médio da execución das obras aprobadas polo MAP. Entre outras foi aprobada a remodelación da praza de Viloira, presupuestada en mais de 700.000 euros, tambien aprobáronse diversos proxectos destinados a acondicionar os accesos aos pobos do municipio. Outras actuacións aprobadas son a creación dun parque infantil nas confluencias das rúas Abdón Branco e Malecón, e a instalación dun sistéma de aire acondicionado no Pabellón Municipal de Calabagueiros.

Estes proxectos foron cualificados polo Alcalde de O Barco, Alfredo García, como emblemáticos e ambiciosos, xa que van permitir a curto prazo cumprir unha série de obras de gran interes para o concello, e crear asi mesmo numerosos postos de traballo relacionados coas mesmas, algo que este Fondo de Investimento Local buscaba como fín primordial.

No hay comentarios: