martes, 20 de enero de 2009

OS CANDIDATOS AO PARLAMENTO GALEGO POR VALDEORRAS


Dende obarcoenplural imos facer un seguimiento dos candidatos que se presentan por Valdeorras ao parlamento Galego, e que teñen opcións de saír elixidos, tratando dende un punto de vista fundamentalmente "político" de analizar as súas propostas por e para Valdeorras, a súa traxectoria política se é o caso, e establecendo unha comparación entre as súas propostas co propósito de obter conclusións que permitan no posible, servir de axuda ao os posibles votantes.

A falta de saber o resultado do proceso de confección de listas no Partido Popular, que a dia de hoxe aínda se atopa en proceso de elaboración, tanto o Partido dos socialistas de Galicia PSOE, como o BNG, xa pecharon os seus procesos, e presentaron as súas candidaturas. Polo PSdG-PSOE, preséntase a xa deputada na legislatura actual Maria do Carmen Acuña Docampo, a cal ocupa a cuarta posición na candidatura pola provincia de Ourense, o mesmo que xa ocupou nas anteriores eleccións ao parlamento do ano 2001. O Bloque Nacionalista Galego, non presenta actualmente ningún candidato da comarca con opcións de optar a un escano.

No hay comentarios: