A festa do botelo, que camiña xa pola IX edición, foi segundo os seus organizadores, todo un éxito, máis de 850 comensais déronse cita o pasado sábado 17 de Xaneiro, no pabellón do IES Martaguisela, para dar conta dun abundante menú composto de, Botelo, chourizos, repolo e patacas, todo iso regado con viño Albar da cooperativa de O Barco, e co colofón dunha deliciosa torta de "roxois", e unha innovadora tarta de crema de castañas con nata. Os dixestivos licores de herbas e de café, puxeron punto e final a esta multitudinaria festa gastronómica,que tivo nunha divertida charanga o seu acompañamiento musical. Do botelo ao ceo, particular epiteto que se lle adxudicou a esta homenaxe culinario en forma de festa, que ten a este embutido como protagonista de honor.
O xornalista da Radio Galega, Emilio Branco, fué este ano o invitado oficial encargado de ler o "pregon", no cal ofreceu un aceso elógio desta delicia culinaria, instituyendo de forma divertida a creación da "hermandad do botelo", para render paganamente pleitesía ao mesmo. A parte máis acida e desenfadada da súa pregón tivo como destinatarios aos "políticos" galegos, cuxos dirixentes tiveron cada un unha graciosa mención.
A homenaxe desta IX edición recaíu en Pura Rodríguez, esforzada restauradora que durante moitos anos estivo á fronte dunha fonda-pensión moi concurrida e coñecida desta vila, para ela foron as palabras máis sentidas do encargado de efectuar a introducción "Aurelio Blanco Trincado", e do Alcalde de O Barco, "Alfredo García", os cales expresaron o seu recoñecemento á dilatada vida en "activo" de Pura Rodríguez.

No hay comentarios:
Publicar un comentario