miércoles, 4 de febrero de 2009

UNHA PEZA IMPORTANTE NÁ ENGRANAXE DÁ DEPUTACIÓN DE OURENSE


Xosé Antonio Rodríguez Ferreiro, o ex alcalde do PP do municipio ourensano de Os Brancos, terá que ingresar en breve en prisión para cumprir unha condena de cinco anos de cárcere como autor dun delito continuado de malversación de caudales públicos. O Tribunal Supremo fixo pública onte a sentenza.O fallo do alto tribunal mantén íntegras as condenas de 8,5 anos de inhabilitación para calquera emprego ou cargo público como autor responsable dun delito continuado de prevaricación, e de cinco anos e tres meses de cárcere máis nove de inhabilitación absoluta como autor dun delito continuado de falsedad en concurso con outro, igualmente continuado, de malversación de caudales públicos. Tamén terá que indemnizar ao Concello de Os Brancos coa cantidade de 143.268,52 euros.
Xosé Antonio Rodríguez fíxose famoso no seu día por dedicar a José Luís Baltar, presidente da Diputación Provincial, unha estatua na praza do pobo, a propia praza, a rúa principal, e o novo edificio multiusos,Foi unha peza crave dentro do aparello do PP na provincia ourensana. Nas municipais de 1995, cosechó para o PP máis do 80% dos votos. Os Brancos, baixo o seu mandato, converteuse no municipio con máis militantes do PP por quilómetro cadrado de España: 800 carnés do partido para pouco máis dun milleiro de residentes. Tamén se fixo soado por organizar no pobo unha manifestación contra o único concelleiro da oposición.

No hay comentarios: