miércoles, 28 de enero de 2009

O CONCELLO ATÓPASE AO LÍMITE DA SÚA CAPACIDADE PARA EXECUTAR OBRAS


O Concello de O Barco chegou ao límite da súa capacidade para iniciar obras, estas declaracións do Alcalde, Alfredo García, culminaron a súa comparencencia ante os médios para informar dó próximo inico de dúas obras emblemáticas no casco vello da vila, a recuperación da fonte emplazada baixo a praza de San Mauro, previa remodelación da mesma, e a recuperación tamén da praza das Airas, no corazón da rúa Real.

Todo isto, segundo Alfredo García, vén culminar catro anos de investimentos da Xunta de Galicia en Valdeorras, a cal destinou máis de 25 millóns de euros neste tempo. A iso haberá que sumár o comprometido nos proxectos aprobados no Fondo de Investimento Local, que dependentes do Goberno Central, van supoñer a execución de obras por valor de máis de 2 millóns de euros.

No hay comentarios: