viernes, 6 de febrero de 2009

A PRECAMPAÑA, COMPROMISO DÓ PSdG-PSOE



O Presidente dá Xunta en funcións, Emilio Perez Touriño, comprometeuse a aprobar medidas que favorézan ós máis desfavorecidos,entre elas a exención dás taxas universitarias, medída que de levarse a cabo afectaría tamén a estudantes Valdeorreses.

Touriño asegurou que “porque non nos esquecemos dos cidadáns máis vulnerables, aqueles que máis sofren as consecuencias do tsunami económico, quero anunciarlles hoxe que, desde o próximo curso, os fillos de traballadores en paro non pagarán taxas universitarias”. E engadiu “declararemos a exención de matrícula para todos aqueles estudantes cuxas familias non teñen máis ingresos que o subsidio por desemprego, porque queremos evitar que o impacto da crise sobre o emprego tradúzase nun retroceso na igualdade de oportunidades”.

Tamén afirmou que o seu goberno duplicará o número de alumnos que se benefician das bolsas para estudar idiomas no estranxeiro, especialmente inglés, ata acadar a cifra de 20.000 na lexislatura.

No hay comentarios: