jueves, 5 de febrero de 2009

REFLEXIÓNS TRALO PLENO


Hoxe tivemos que asistir a outro falso debate a conta da nosa lingua recoñecida pola Constitución e o noso Estatuto de Autonomía.

O idióma como arma arroxadiza, tal é o calibre das "fóbias" exhibidas polo portavoz dos Populares no Concello, Moisés Blanco. Ningunear unha lingua e condicionala a un lugar apartado no "desvan" da "maioría dos Barquenses", é algo que a estas alturas produce sonroxo, máxime cando estas desafortunadas afirmacións veñen dun responsable político Galego, que acaba de asumír funcións como Vicepresidente 2º da Deputación Ourensana.

A veciña poboación de Vilamartín, cun ex alcalde do Partido Popular que gobernou durante máis de 30 anos, foi a 1ª poboación da comarca en abrír unha "Galescola", e segundo os veciños desa poboación, e os seus responsables políticos Populares, funciona maravillosamente. Entón, ¿porque este empecinamento en censurar un término que designa a un modelo educativo que respecta a nosa lingua?.

É esa falta de respecto aos nosos orixes a que lastra en boa medida as posibilidades de certos políticos que se pretenden "liberais", non cren nunha lingua, porque posiblemente non cren nas posibilidades dunha terra.

¿Dáse conta o político do alcance das súas verbas?, ¿ten que recordarlle un alcalde oriundo da veciña Castilla, as súas obrigacións para cunha léngua que no caso do portavoz Popular é materna?.

A triste consecuencia deste tipo de debates é un intento máis de silenciar no posible unha lingua que aínda molesta a un sector minoritario que non cre na diversidade e a riqueza dun idióma. Triste espectáculo.

No hay comentarios: