domingo, 22 de marzo de 2009

COMPAS DE ESPERA


Logo do resultado electoral, e coa maioría absoluta do PPdG, ábrese un compas de espera nas futuras relacións Xunta-Concellos, existe preocupación nas forzas que compoñían o bipartito. Son moitos os concellos que tiñan investimentos previstos con cargo á Xunta, ou intencións de solicitalos co cal a situación é de incerteza. En O Barco dáse a circunstancia de que o capitulo de investimentos non soamente pivota sobre o orzamento Autonómico, senón que ten unha vertente orientada cara ao goberno de Zapatero. A boa sintonía existente ata agora coa Xunta e as Consellerías inversoras terá que poñerse entre comillas, polo menos ata saber as intencións dos novos responsables autonómicos, nunca se sabe, pero...a politica é a politica...e non esquezamos que estamos en ano electoral, e nunha partida de axedrez a medio prazo, que terminará con eleccións locais en 2011, pedra de toque do presidente electo Núñez Feijóo para tentar desaloxar do mayór número de concellos aos ex-socios do bipartito. Paciencia e boa letra, óese comentar polos corredores do concello de O Barco, comeza outra partida...

No hay comentarios: