lunes, 23 de marzo de 2009

ISIDORO PARDILLA, UN EXECUTIVO DE FENOSA PARA A CONSELLERÍA DE INDUSTRIA


É -vox populi-, a posible entrada no executivo de Núñez Feijóo do independente Isidoro Pardilla Gago, actual Presidente de CEDIE,-cuxa sede atópase en O Barco-, e Conselleiro da futura -CEDISOLAR-, participada pola Xunta por medio da súa sociedade de investimento XESGALICIA, e que estáse a construír tamén en terreos pertencentes a FENOSA en esta vila de Valdeorras. Este nomeamento ten a súa carga de profundidade, e non vai estar exento de polemica. Se finalmente faise cargo da Consellería de Industria, este Enxeñeiro Industrial vai ter que lidiar ca súa ,ata o momento, pertenza a unha empresa do sector enerxético con intereses no concurso eólico, que o presidente in pectore Núñez Feijóo hase comprometido a revisar profundamente, xorden as dúbidas repecto á ética deste posible nomeamento. ¿Debe ser responsable dunha carteira inversora nun sector tan estratéxico en Galicia, como é o enerxético, e cun concurso eólico posto en dúbida polo futuro Presidente Feijóo, un Executivo dunha empresa -FENOSA- que se considerou perxudicada no mesmo?, ¿Esa máis que probable revisión a fondo dese proceso xuridico-administrativo con concesións incluídas, que vai efectuar Núñez Feijóo, vai contar coa dirección máxima dun directivo ata a data de máxima relevancia no sector enerxético Galaico?.

Isidoro Pardilla e Núñez Feijóo teñen a última palabra, un arríscase nas farragosas augas da política con maiusculas, o outro pode iniciar o seu mandato cunha sonora polemica de tintes ético-xuridicos. Atención pois a este futurible, ten todas as papeletas para converterse nun affaire de calado.

No hay comentarios: