martes, 24 de marzo de 2009

O PROFESOR E ESCRITOR ANTONIO ELORZA, CONFERENCIANTE NÀ SALA MULTIUSOS DO CONCELLO DO BARCO. ISTE VENRES 27 ÁS 20 HORAS.


Antonio Elorza, Catedratico de Ciencias Políticas na Universidade Complutense de Madrid, e autor de númerosas publicacións, efectuará unha conferencia en O Barco o proximo día 27 de Marzo ás 20 horas invitado polo Instituto de Estudos Valdeorreses -I.E.V.-, entidade presidida por Angel Fernández.

Elorza foi profesor visitante nas universidades de Turin, Paris X-Nanterre, Borgoña e a École des Hautes Études en Sciencies Sociais. Dirixiu entre 1977 e 1992 a revísta Estudos de História Social. Ademais colaborou nas revistas, Triunfo, Revista de Occidente e Saioak...É articulista no diario El País.

Entre os seus libros publicados figuran, Ideoloxías do Nacionalismo Vasco (1978), Socialismo Utópico Español (1970), A relixión politica (1995), O Novo Terrorismo Islamista (2004) en colaboración co experto en terrorismo internacional Fernándo Reinares, e, Trala pegada de Sabino Arana (2005). O seu libro, Historia de ETA (2006) en colaboración con diversos profesores universitarios do Pais Vasco, xornalistas e expertos, é unha obra de referencia no estudo do fenómeno terrorista no noso país.

É polo tanto ista, unha conferencia de máximo interes, non soamente para os máis penetrados na história politica ou no universo do estudo social, se non tamen para os iniciados ou interesados na sociología politica e o estudo dun fenomeno, como é o terrorismo de ETA nas súas diversas vertentes, todo un privilexio poder contar coa súa presenza. Recomendable...

No hay comentarios: