martes, 24 de marzo de 2009

OS HOSTELEIROS DO BARCO AMOSAN AS SÚAS DIFERENZAS COA NOVA NORMATIVA APROBADA POLO CONCELLO


As diferenzas entre o colectivo de Hosteleiros e o Concello de O Barco motivadas pola nova normativa aprobada sobre o uso destes do espazo público para a ubicación das súas terrazas, pode ter os días contados. O Alcalde, Alfredo García, comprometeuse a consensuar unha postura definitiva cos grupos da oposición. O número de mesas permitidas, as datas festivas e as taxas correspondentes crearan un fondo malestar en gran parte dos profesionais hosteleiros, comentaban estes a "desproporción" entre o espazo permitido ás terrazas estivais, sustento importante dos ingresos anuais, e a demanda real. Tamen o aumento de taxas por mesa influía nas queixas dos hosteleiros.

Encauzar esas protestas e resolver as diferenzas entre os responsables Públicos e o colectivo dos hosteleiros é a intención das iniciativas que se van a poñer en marcha dende o Concello de O Barco.

No hay comentarios: