miércoles, 25 de marzo de 2009

A DEPUTACIÓN DE OURENSE CONCEDE SEN AVAL TÉCNICO, MÁIS DE 2,7 MILLÓNS DE EUROS NUN ANO


Segundo publica hoxe o diario El País, os representantes do BNG na Diputación de Ourense denuncian o Kafkiano procedemento de concesión das axudas públicas que otorga a institución provincial. Concretamente denuncian a practíca habitual e caciquil do Presidente da Diputación, Jose Luís Baltar, de reparto discreccional das axudas nominativas sen seguir as pautas establecidas nas Leis Estatais do 2005 e Autonómicas do 2007 para a redacción dunhas bases reguladoras, ambas leis establecen que as institucións só poden conceder axudas nominais en caso de "urxente necesidade", procedemento que pasou a ser practica habitual no reparto que efectúa o Presidente Baltar. O BNG explica que Baltar concedeu por este procedemento nominal, máis de 2,7 millóns de euros durante o pasado exercicio de 2008, con outra particularidade, máis de 1,5 millóns dos anteriores, foron a parar a Concellos con Alcaldes do PP, escandaloso segundo os denunciantes, e unha mostra máis da disfunción que afecta á Diputación de Ourense.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Unha suxerencia: eso das reacciones "divertido" "interesante" e "guay" (sic) coma que non queda moi tal. Pode que unha das vosas noticias sexa interesante, ata divertida pero "guay", en fin, vos veredes.