miércoles, 25 de marzo de 2009

A CRISE INSTITUCIONAL, UN ESPELLO QUE NON CHEGA


Todo se circunscribe á crise mundial na que estamos inmersos, ou iso é o que parece, teoría valida se o que pretendemos é explicar unha contorna xeneralizada de depresión económica na cal España e os paises da UE teñen un denominador común.

Pero unha vez comprendido o contexto non podemos meter no mesmo saco a outra crise, a que afecta a determinadas institucións de goberno. Nesta provincia galega, Ourense, a crise na que perpetuamente atópase a Diputación gobernada por Jose Luís Baltar, ten un compoñente profundamente perverso, explícome, dende os seus inicios este Ente Local foi gobernado primeiro polos ex UCD e os Centristas de Galicia, e máis tarde polos seus herdeiros, o Partido Popular, á fronte dos cales atópase o tambien ex-centristas de Galicia Jose Luís Baltar. Actuando como Saturno pero á inversa, Baltar devorou ao seu "pai politico", Victoriño Núñez, ao cal enviou no seu momento á presidencia do parlamento Galego, pensado este que desde a atalaya parlamentaria tería baixo o seu control o seu feudo provincial, nada máis lonxe da realidade, o "mestre nacional" Baltar, maniobraba para sumar adhesións inquebrantables na provincia, e aproveitando a súa facilidade para a "chabacanería rural", meteuse no peto a un bo número de concelleiros e alcaldes para así refrendar o seu asalto definitivo á Diputación provincial. Toda unha xogada mestra, e unha demostración da politica clientelar que logo desenvolveu, impregnando os tecidos politicos e sociais da provincia cos seus percorridos e dádivas con peaxe incluído. Como se pode deducír, isto foi produto de anos e anos de practicas que incidian nunha problematica secular no rural galego, a dependencia da prebenda para unha sociedade que no seu momento foi incapaz de soltar amarras co favor debido, unha sociedade rural que vía como a falta de perspectiva e o illamento económico leváballes á resignación e o fatalismo pola vía da dependencia politica. Dependencia que transcorreu co paso dos anos, e aínda malia a mellóra substancial de todos os indicadores sociais e económicos nos últimos anos. Din que as sociedades modernas teñen que ter dous espellos retrovisores, un para non esquecer o seu pasado e aprender dos erros, e outro para encerrar nel todo o que non foron capaces de asumir e tèmen que algún día volva para quedarse.

Nesas estamos en Ourense, intentando instalar ese "espello en negro", cal caixa máxica ou caixón desastre, para encerrar alí os nosos malos intres e vergonzas própias. O problema reside en que os nosos demónios aínda campan polos seus respectos, e a ansiada e cada vez máis reclamada normalidad democratica nas institucións, non acaba de chegar ao Pazo Provincial. Ese espello do esquecemento tarda moito, quizais demasiado.

No hay comentarios: