jueves, 26 de marzo de 2009

A COMUNICACIÓN POLÍTICA, UN FUTURO PROMETEDOR


Sempre consideramos a comunicación como unha ferramenta básica no ámbito político, todos sabemos que cando se trata de vender algo, o "marketing" relacional nas súas moitas facetas é parte dese vehículo que nos leva ata o potencial "cliente" ou elector. Todos quedamos ata certo punto sorprendidos coa campaña desenvolvida polo equipo do Presidente dos EE.UU, Barack Obama.

O verdaderamente impactante e novedoso na campaña dos demócratas Estadounidenses foi a utilización masiva das novas tecnoloxías como "vehiculo de transporte" da mensaxe de Obama. Agora ben, trasladar esa inxeñieria de campaña á vella Europa non é agora mesmo nin adecuado nin realista. Non é adecuado porque o nivel de penetración das TIC na sociedade Europea mantense aínda nun nivel notablemente inferior ao da sociedade norteamericana, ata nun 30% - outra consecuencia de decadas envorcados no tan traido e levado I+D+I -,e non é realista porque os sistemas politicos europeos distan do Norteamericano tanto na organización , como nas normativas que os acompañan. Sumemoslle a iso unha composición social completamente distinta á europea e uns "cleavage", ou puntos de ruptura que se demostraron radicalmente distintos aos europeos.

Aquí en España, en Galicia, en Valdeorras, intentamos incorporarnos con maior ou menor éxito a unha corrente que intenta importar, coas súas limitacións, algo dese "marketing político" que revolucionou as eleccións Estadounidenses e a forma de actuar no área da comunicación politica, os logros de momento son moi magros, empezamos a ver a incorporación dalgúns políticos en espazos persoais "blogs"- o do xefe da oposición en O Barco, Moisés Blanco-, incursiones en ferramentas de socialización que ofrece a web 2.0 -Facebook-, -Twenty...-, páxinas web etc...pero dunha forma un tanto dubitativa, tímida, como que a cousa é por obrigación, non porque crean realmente na potencialidad destes medios de comunicación social. É fundamental un cambio de mentalidad relacionado cun novo enfoque que debe adoptar a comunicación política, sen desechar os medios tradicionais, complementándose, para lograr o que realmente búscase que é o contacto co maior número posible de "clientes" ou electores, e a recepción adecuada por estes da mensaxe que se lle quere transmitir.

A tarefa é lenta, e en escala, porque os cambios flúen estadisticamente de maior a menor poboación.Pioneira en España foi a iniciativa de apertura en rede do Concello de Barcelona, pero repito, quizais seguimos máis centrados na oferta de servizos institucionais, plasmando sencillamente o que xa se podía tramitar personalmente, que na procura dunha maior complicidade co usuario, dunha maior interacción, isto no plano de servizos institucionais ao contribuinte. Na esfera política aínda nos atopamos nos inicios desa "revolución á Norteamericana", desa verdadeira interactividad entre o político que busca, que quere colaborar co elector ,que quere conectar co seu medio...O futuro indicará a medida dos cambios que se aveciñan, mentres tanto, sigamos avanzando.

No hay comentarios: