viernes, 27 de marzo de 2009

AS CRISES LÉVANSE GOBERNOS POR DIANTE


Agora multiplícanse os analisis electorais, e trasládanse con toda lóxica ao escenario local. Estamos vendo como se analizan e desmenuzan eses datos electorais e extráense conclusións xerais e particulares, neste acto de contricción xeneralizado na esquerda galega.

Falemos de Valdeorras, falemos de O Barco, os malos resultados conseguidos polo PSdG-PSOE, malamente diluídos nun aumento de pouco máis de 700 votos, non ocultan un mal xeneralizado que afectou a toda galicia, un descenso ou un ascenso insuficiente que trouxo consígo o xa visto. A distancia entre o PPdG e o PSdG-PSOE en O Barco aumentou a mais de 8 puntos, hai que tomar nota, comenta a militancia socialista, e xa falan de novas formas de enfocar a relación cos veciños, menos soberbia din uns, máis proximidade din outros, cambio xeneralizado reclaman algúns...Se existe algo constatado é que as dinamicas que tan bos resultados deron ata o momento xa non serven en todos os seus térmos, algo fallou, e aínda sabendo que non se vota do mesmo xeito nuns comicios autonómicos e nuns locais, hai elementos suficientes, - na rúa, en diversos circulos culturais, sociais-, que nos indican a necesidade de correccions máis aló de entonar un "mea culpa".

As intensas accións en materia urbanistica, medio ambiental, social...durante os preto de 10 anos no Goberno Municipal de O Barco, indican un profundo cambio operado nesta poboación, é algo que salta á vista e non aguanta un análise comparativo con calquera outra época pretérita, pero esta dilatada acción de goberno, necesariamente deixa restos, o pendulo que conleva unha longa executoria politica ten no seu retorno sempre unha acumulación de pequenos factores negativos que inevitablemente van sumando. Isto pódenos levar á conclusión de que unha intensa actividade transformadora ten que ir acompañada dunha tamén intensa labor de transversalidade e conexión cos electores, e iso non se consegue soamente construíndo e reparando en crave "cemento", tamen é necesario impulsar unha politica que busque a complicidade e a proximidade co cidadán, todo isto é complementario, porque morrer de éxito é un risco demásiado coñecido na cultura politica do noso país como para non telo baixo control.

Como última reflexión, o camiño que transcorre entre o 1 de marzo pasado, e o ano 2011, data das eleccións municipais, é un carreiro costa arriba no que nada está consolidado, todo o feito non garante nada, esíxese un plus de creatividade politica e de transformación ou reinvención, e ademais, non esquezamos que como díxolle Felipe González en Vilagarcía durante a pasada campaña electoral a Emilio Pérez Touriño, "as crises lévanse por diante aos gobernos", un factor decisivo que vai a planear persistentemente durante bastante tempo, e que nos guste ou non, vaino a utilizar o PP, e sen dúbida con saña.

No hay comentarios: