sábado, 28 de marzo de 2009

AS ENQUISAS, FERRAMENTAS PARA UNHA GOBERNANZA AXEITADA


Establecer unha correlación que mostre un alto grado de fiabilidade entre o votado polos electores o pasado 1 de marzo e a súa porcentaxe de impacto nas eleccións locais, requeriría un serie de muestreos continuados, pormenorizados e que indagasen nas particularidades sociolóxicas de cada comunidade ou pobo, para así tratar de establecer unha base de datos agregada que reflectise unha tendencia cuns marxes aceptables de erro. Esta sería unha tarefa necesaria nun momento como este, e cun horizonte electoral a medio prazo determinante. Non se trata, creo eu, tanto de "pulsar" o estado e tendencias do electorado a nivel local, como de prover unha serie de escenarios posibles que nos axuden a establecer un diagnostico continuado.

Ter dispoñible desta forma un mosaico do posible comportamento electoral e as súas tendencias, non quere dicir que isto teña que ser un "oraculo" de consulta de obrigado cumprimento, gobernar a golpe de "enquisa" é algo impredicible e creo que profundamente parcial e despersonalizado, unha opción politica preséntase ante o electorado cun programa politico a desenvolver e un primeiro candidato que busca o aval do mesmo, - as eleccións municipais teñen unha formulación no noso país que prima ao candidato a alcalde por encima do acompañamento na lista que presenta, é obvio-, teñamos en conta que as modificacións que se suscitaron para reformar a Lei de Bases de Réxime Local, diríxense a "primar" a "potestas" do alcalde como figura aglutinadora de boa parte da capacidade executiva que aínda reside no pleno municipal, pero ese é outro debate.

Cun contínuo de muestreos municipais actualizados, sobre todo en poboacións nas que os contactos diarios coa cidadanía son moito máis aleatorios en función do seu número de habitantes, teriamos unha ferramenta de análise que nos axudaría a detectar disfunciones e malas prácticas para así incidir positivamente nesas areas, todo iso en beneficio da gobernanza, concepto que por certo ten un amplo significado e aplicacións para a practíca política municipal, nun plano de busqueda do desenvolvemento sostenible nos núcleos de poboación.

En resumo, e para non entrar en tecnicismos e galimatías, as técnicas de investigación social ao servizo da boa práctica politica nos concellos, terían que esta normalizadas, e non circunscritas exclusivamente ás "fontanerías" dos aparellos dos partidos, cuxa utilización das mesmas é a miúdo mal entendida polos electores.

Aproveitando este foro, rompo unha lanza para a desmitificación dos sondeos, enquisas e muestreos variados, e propoño a súa utilización "limpa" e "transparente" ao servizo dos municipios no seu conxunto

No hay comentarios: